BENVIDA DO PRESIDENTE

Dámoslle a benvida á nosa asociación, na que esperemos que encontres entre as nosas actividades as sexan do teu gusto xa que temos distintas Escolas Deportivas como as de Fútbol Sala, Baloncesto, Patinaxe Artístico, Xadrez, Karate, Xogos Pre-deportivos, Tenis de Mesa e Campo a Través. Os nenos-as poden participar na Escola que queiran según llo permita a súa idade.

Xunta Directiva e Delegacións:actual Xunta Directiva quedou ratificada por outro periodo de catro anos (2016-2020).

  • Presidente: José Manuel Blanco Gonzalez
  • Secretaria: Mª José Sanchez Fernandez
  • Tesoureiro: Ovidio Rouco Otero
  • Vicepresidente: Miguel Angel Fra Fra.
  • Vocales: Antonio Mazana García, Inés Diaz Campo, Dolores Yañez Nuñez, Jesús Maragoto Polo, José Antonio Fernandez Vázquez e Francisco M. López Fernandez.

Nesta nova etapa, incorporanse a Xunta Directiva, José Antonio Fernandez Vázquez "Toto" e Francisco M. López Fernandez "Pakito", e danse de baixa, Mª Carmen Fernandez Lamelas e José Ramón López Pena. Un total de 10 Directivos, que se repartiran as suas funcions nas distintas Escolas Deportivas e Culturais da ACD.XOVE. Para a vindeira tempada 2016-2017 a ACD.XOVE, ofertará 10 Escolas Deportivas:

  1. Futbol Sala (Pre-benxamin, Benxamin, Alevin, Infantil e Cadete).
  2. Baloncesto (categorias dende Peques a Cadetes)
  3. Patinaxe Artistica (de 5 a 16 anos)
  4. Karate (de 5 a 16 anos)
  5. Atletismo(categorias deBenxamin a Cadete)
  6. Xadrez (categorias de Pre-Benxamin a Cadete)
  7. Tenis de Mesa: (categorias de Benxamin a Cadete)
  8. Xogos Pre-Deportivos( nenos-as de 3 e 4 anos)
  9. Aerobic(maiores de 12 anos e Adultos)
  10. Pilates (maiores de 12 anos e Adultos)

Tamén se ofertarán dous Escolas Culturais:

  • Teatro (de 8 a 16 anos)
  • Pintura (a partir de 8 anos e Adultos)

Asimesmo a ACD.XOVE conta con outras actividades como son:

  • Sendeirismo: Grupo de Sendeirismo, con descontos para os socios, e gratuito para os nenos e rapaces menores de 18 anos. Con rutas por Galicia, Asturias e León.
  • Clase de surf para nenos durante o verán.
  • Outras actividades: paralelamente as escolas deportivas, organizamos outras actividades como son: Excursións Lúdico-Recreativas (Parque Acuatico de Cerceda), ver partidos de Fútbol (Deportivo da Coruña), ver partidos da Fútbol Sala (Azkar Lugo), Baloncesto (Breogán-Lugo), Dia da Bicicleta, Carreira Popular, etc......

As queixas que teñades, suxerencias, ideas, etc., podedes dende o menú contacto desta páxina web, de forma persoal a calquera membro da Directiva, ou depositalas no Buzón da Asociación (no Pavillón Municipal)

Con respecto o material poñemos a venda distinto tipo de material como: chandals, parkas, mochilas, bolsos chuvasqueiros e sudadeiras. A primeira sudadeira e gratis para os alumnos-as participantes en actividades. Para o resto de material podedes consultar a calquera Directivo.

Esperando que todos disfrutemos co deporte, e vendo facer deporte os nosos fillos-as. Reciba un cordial saudo.

O Presidente.

José Manuel Blanco González

José Manuel Blanco González