XFISHSTARFISH

 Nosoutros  

Para que coñezas a nosa asociación,  aqui podes atopar  unha pequena idea sobre o que somos;  un grupo de persoas con ganas de facer a vida os demáis un pouco millor.

Benvida!
A nosa historia...
Decalogo de Boas Practicas

Dámoslle a benvida á nosa asociación, na que esperemos que encontres entre as nosas actividades as sexan do teu gusto xa que temos distintas Escolas Deportivas como as de Fútbol Sala, Baloncesto, Patinaxe Artístico, Xadrez, Karate, Xogos Pre-deportivos, Tenis de Mesa e Campo a Través. 

Os nenos-as poden participar na Escola que queiran según llo permita a súa idade.
 
    •  Escola Cultural (Teatro): Iniciación a Interpretación para nenos-as maiores de 8 anos.
    •  Clases de Aeróbic-Pilates: Actividade deportiva para socios-as maiores de 12 anos.
    •  Sendeirismo: Grupo de Sendeirismo, con descontos para os socios, e gratuito para os nenos e rapaces menores de 18 anos. Con rutas por  Galicia, Asturias e León.

 

NOTA: podedes poñervos en contacto ca Xunta Directiva en:

  • Telefono móbil da Asociación: 618 976159   / Correo electrónico : Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. / Buzón de Correos no Pavillón Polideportivo.

Xunta Directiva e Delegacións:actual Xunta Directiva quedou ratificada por outro periodo de catro anos (2016-2020). 

  • Presidente: José Manuel Blanco Gonzalez
  • Secretaria: Mª José Sanchez Fernandez
  • Tesoureiro: Ovidio Rouco Otero.
  • Vicepresidente: Miguel Angel Fra Fra.
  • Vocales:  Antonio Mazana García, Inés Diaz Campo, Dolores Yañez Nuñez, Jesús Maragoto Polo, José Antonio Fernandez Vázquez e Francisco M. López Fernandez.

Nesta nova etapa, incorporanse a Xunta Directiva, José Antonio Fernandez Vázquez "Toto" Francisco M. López Fernandez "Pakito", e danse de baixa, Mª Carmen Fernandez Lamelas  e José Ramón López Pena.

Un total de 10 Directivos, que se repartiran as suas funcions nas distintas Escolas Deportivas e Culturais da ACD.XOVE.  Para a vindeira tempada 2016-2017 a ACD.XOVE, ofertará como ven sendo habitual as 10 Escolas Deportivas: 

YAZOO SMILIES ROLL EYES

    1.  Futbol Sala (categorias, Peques, Pre-benxamin, Benxamin, Alevin, Infantil e Cadete).
    2.  Futbol 8 (categorias Benxamin e Alevin)
    3.  Baloncesto (categorias dende  Peques  a Cadetes)
    4.  Patinaxe Artistica (de 5 a 16 anos)
    5.  Karate (de 5 a 16 anos)
    6.  Atletismo(categorias deBenxamin a Cadete)
    7.  Xadrez (categorias de Pre-Benxamin a Cadete)
    8.  Tenis de Mesa: (categorias de Benxamin a Cadete)
    9.  Xogos Pre-Deportivos( nenos-as de 3 e 4 anos)
    10.  Aerobic-Pilates-Fitness(maiores de 12 anos e Adultos)

 Tamén se ofertarán dous Escolas Culturais:

    •   Teatro (de 8 a 16 anos)
    •   Pintura ( a partir de 8 anos e Adultos)

Asimesmo a ACD.XOVE conta con outras actividades como son: Sendeirismo  con un Grupo, formado por  mais de 100 persoas, tanto de Xove, como de outros Concellos da  Mariña e Clases de Surf para nenos, durante o verán así como actividades deportivas anuais,como o "Dia da Bicicleta". Decir que a ACD.XOVE, presenta unha oferta Deportiva e Cultural, única en toda A Mariña.

 

  Información en : www.acdxove.com e tamén no  Facebook: A.C.D. XOVE

As queixas que teñades, suxerencias, ideas, etc., podedes mandalas o correo electrónico, de forma persoal a calquera membro da Directiva, ou depositalas no Buzón da Asociación (no Pavillón Municipal)

Dende paxina tamen hai dous accesos directos os enderezos que conteñen albums de fotos: 

 Estas fotos, poñemolas nos albums para que as  poidades descargar.
  •  Material: poñemos a venda distinto tipo de material como : chandals, parkas, mochilas, bolsos chuvasqueiros e sudadeiras. A primeira sudadeira e gratis para os alumnos-as participantes en actividades. Para o resto de material podedes consultar  a calquera Directivo.
  • Outras actividades: paralelamente as escolas deportivas, organizamos outras actividades como son: Excursións Lúdico-Recreativas,(Parque Acuatico de Cerceda), ver partidos de Fútbol (Deportivo da Coruña), ver partidos da Fútbol Sala (Azkar Lugo), Baloncesto (Breogán-Lugo), Dia da Bicicleta, Carreira Popular,  etc......

Esperando que todos disfrutemos co deporte, e vendo facer deporte os nosos fillos-as.

Recibe un cordial saudo,

 O Presidente,

 blanco en negro

  José Manuel Blanco González
Historia e evolución da Asociación.-

pancho

A principios do ano 2002, reúnense una serie de padres coa intención de formar unha entidade deportiva para poder ofrecer  a toda a xuventude de Xove distintas actividades deportivas  que non existían no Concello.A data de 12 de xuño de 2002, créase de forma oficial e estatutaria a Asociación Cultural-Deportiva “Xove”  ACD.XOVE, co obxectivo principal de dinamizar a vida deportiva –cultural e diversificar a oferta , adaptándose  a todas as edades dos vecinos do Concello de Xove.

A presentación da entidade  realizase  o 28 de xuño de 2002, nun acto ofrecido no Salón de Actos do Concello de Xove, ó cual foron invitados tódolos vecinos do Concello e as autoridades municipales.

Durante este mismo verán de 2002  organizase  un curso de Patinaxe Artistico no cual participan 45 alumnos-as. No mes de setembro creanse as duas primeras Escuelas Deportivas: Futbol Sala e Patinaxe Artistico.

 

A  primeira xunta directiva da entidade estivo formada por:

    •  José Manuel Blanco González (Presidente)
    •  Juan Carlos López González (Vicepresidente)
    •  Ovidio Rouco Otero (Tesorero)
    •  Carlos Celeiro López(Secretario)
    •  Antonio  Pérez Gradaille (Vicesecretario)
    •  Eladio Núñez López (Vocal)
    •  José Iravedra López (Vocal)

Na actualidade a ACD.XOVE, esta formada por máis de 160 familias asociadas ( con mas de 500 personas), conta  con máis 200 alumnos-as en 9  Escolas Deportivas (Futbol Sala, Baloncesto, Patianaje Artistico, Karate, Xogos Pre-deportivos, Aerobic-Pilates-Fitnnes ,Xadrez Tenis de Mesa, Campo a Través ) e ademáis conta cunha Sección de Senderismo formada por mas de 80 persoas.

A Entidade tamén organiza distintos eventos deportivos que son de interese  dos asociados e da población  xovense en general como:

    •  Dia de la Bicicleta
    •  Carreira Popular
    •  Maratón de Tute
Tódalas  personas  que formaron e forman parte das Xuntas Directivas da ACD.XOVE, desde os que deron o primeiro paso  para formar a entidade, os que a afianzaron  no seu cometido, hasta os que a dirixen na actualidade,  sintense moi orgullosos do servicio prestado ós nenos e xoves do noso Concello e que da ACD.XOVE sea hoxe en día unha referencia do deporte na nosa comarca.
 
Por eso queremos dar as nosas máis expresivas gracias a todos por creer neste proxecto deportivo para o noso pobo.

 

Estes son os principios que deben inspirar o comportamento no Deporte Base da  Asociación e ás persoas que a compoñen...

 

Decálogo do deportista
  • TodoO deporte educa persoas para a vida. Máis que un gran deportista, procura ser unha gran persoa.
  • O adestramento é fundamental para progresar. Ten continuidade e constancia
  • Respecta a norma, darache sentido e claridade no xogo.
  • Honra o contrario, non é un inimigo, é un compañeiro de xogo.
  • Fai amigos xogando ao teu deporte.
  • Os resultados pasan, pero os amigos perduran.Que predomine en ti o sentido de equipo, o seus intereses están por riba do lucimento persoal.
  • Que te coñezan máis polo teu comportamento, que polas vitorias que consigas. O xogo limpo dignifica, o suxo envilece.Ao finalizar os encontros, saúda aos contrarios e xuíces.
  • Que a honra e a nobreza sexan o teu estilo na práctica deportiva.Xoga só polo pracer de facelo non por satisfacer só o teu pai/nai ou adestrador. Lembra que o propósito do xogo é a diversión, mellorar as destrezas e sentirse ben. Xoga para o teu equipo.
  • O deporte é saúde. Practícao no teu beneficio, e no da sociedade.
Decálogo do Pai/Nai do deportista
  • Non obrigues ao teu fillo-a a practicar un deporte do que non guste. Lembra que os nenos-as xogan para a súa diversión, non para a túa.bug
  • Non lles esixas máis do que poden dar, nin os comparedes. Con iso só conseguiremos disminuír a súa autoestima.
  • Inculcade aos vosos fillos-as unha educación baseada no respecto aos principios éticos deportivos, faranos ser mellores persoas e mellores deportistas.Tratádeos respectuosamente, é manifestádelles o voso aprecio.
  • A vosa labor na competición pode ser animalos, pero non gritarlles, nin darlles ordesNon proxectedes neles as vosas aspiracións insatisfeitas.
  • Respectade o traballo do adestrador es as súas decisións.Nunca ridiculices o teu fillo-a por cometer erros, ou porque perda o partido.
  • Sede os primeiros en respectar as decisións arbitrais, para que os vosos fillos-as as respecten.Mostrádevos sempre correctos co voso porte, e no voso vocabularioLembra que o fin esencial do deporte é o de formar persoas.Que non te confundan as prácticas mal entendidas.
Decálogo do técnico
  • Valora o traballo e o esforzo de todos os teus deportistas. Felicita a quen lle saen as cousas ben, e anima o desafortunado.
  • Asume os teus propios erros e non fagas aos teus deportistas responsábeis dos mesmos.Que as túas actitudes e comportamentos sirvan de exemplo para os teus deportistas.
  • Non busques só o rendemento técnico-deportivo, esforzate por conseguir valores éticos.Loita por todos os teus deportistas por igual. Non teñas preferencias nin prexuízos.
  • Se humilde na vitoria e resignado na derrota.Sé o primeiro en coñecer e respectar as normas.A moderación é unha virtude. Aplícaa á práctica deportiva.
  • A periodicidade e duración dos adestramentos e dos partidos deberán de ser acordes coa idade dos deportistas.
  • Non lle pidas mais do que cada xogador pode dar, esixe só o mellor que teñan.

 

Decálogo do directivo
  • Contribúe ca túa imaxe a engrandecer o teu clube. Non permitas nunca que os teus éxitos xustifiquen a falta de principios ético-deportivos, que deberán estar por riba de todo.
  • A túa presenza e importante nos éxitos, pero moito mais cando non os hai.Antes de tomar decisións, escoita e valora. A túa persoa debe ser garantía de obxectividade.
  • Nunca achaques os fracasos do teu clube aos demais.Non utilices as influencias, envilecen a amizade, e degradan a imaxe do teu clube.brujula
  • Nunca tentes gañar con presións e influencias o que se debe dirimir nunha cancha deportiva.
  • Acepta as criticas ben intencionadas, pero nunca toleres as faltas de respecto.Preocúpate da capacitación dos adestradores/monitores, proporcionándolles toda a información que teñas ao teu alcance.
  • Respecta a autonomía dos teus técnicos.
  • Respecta aos xuíces, non os mediatices.
  • Distribúe un código de xogo limpo entre os teus adestradores, deportistas, socios, etc....

 

Decálogo do espectador
  • Que o cariño polo teu clube/equipo non te leve a comportamentos inadecuados.
  • O prezo da entrada non inclúe a baixeza de insultar. Apoia e anima, nunca descualifiques.O forofismo nega a racionalidade.
  • Non te ampares no anonimato da masa, compórtate con dignidade.Valora os méritos, sexan de quen sexan. Aplaude as boas accións aínda que sexan do rival deportivo.YAZOO SMILIES CRAZY
  • Valora o esforzo e o traballo ao xulgares os feitos, nunca o éxito ou o fracaso.Apártate de quen incita ou reclama condutas violentas.-O coñecemento das normas de xogo, axudaranche a ser obxetivo.-
  • O rival deportivo non é un inimigo. Só cada persoa pode ser inimiga de si mesma.Condena o uso da violencia en todas as súas formas. Critica con educación os comportamentos racistas e xenófobos.
  • Quen só vai ver gañar, corre o risco de ver perder.

 

Decálogo do árbitro
  • Garantiza que as túas accións e comportamentos dentro e fóra da cancha sexan coherentes cos principios dun bo deportista. A autoridade non se impón, merécese.piolin árbitro
  • Conserva a calma nos momentos difíciles, o apaixonamento converte o erro en falta, e a verdade en descortesía.Coñécete ben e enriquece os teus coñecementos, iso axudarache a ser xusto e ecuánime.Toma as decisións dende a obxetividade e a honradez.
  • Que os sentimentos non anulen a túa imparcialidade.E tan difícil ser xusto, que a prudencia aconsella a ser indulxente.
  • Non fales con crueza a ninguén.
  • Todos se merecen o teu respecto.
  • Respecta ao deportista, pero non participes nos seus erros.
  • Que a túa independencia non te faga tan frío, que non comprendas as situacions humanas.
  • O teu mellor recoñecemento é pasar desapercibido, se non é así, asume a critica, é parte do teu traballo.

 

---------------

pdfDECALOGO_DE_BOAS_PRACTICAS__NO_DEPORTE_BASE_de_XOVE.pdf

 

 

 

MEMORIA GRAFICA E DESCRIPTIVA  DAS ACTIVIDADES 2014

 

Hoxe: 76

Onte: 66

Esta semana: 142

Este mes: 1903

Total: 84940