sende44

SENDEIRISMO

O sendeirismo é una especialidade do montañismo que como actividade deportiva e non competitiva, realizase sobre camiños balizados e homologados polo organismo competente de cada país.

 Dende a ACD´Xove fánse cada ano  entre 8 e 10 Rutas de Sendeirismo (unha o mes)  por todo noroeste da Peninsula Galicia, Asturias e León.

Os Delegados de Sendeirismo son  XUXO DOMINGUEZ TOMAS LOPEZ, BENITO GUERREIRO E JOSE M. BLANCO, que se encargan da organizacion, elección, planificacion e guias de todalas Rutas. 

a seguinte Ruta..
Benvida
Calendario
Normas
Videos
Inscripcións+Pagos

PRÓXIMA RUTA: 9 de Xullo
A próxima ruta, vai a ser unha ruta "mañanera" , pois vamos a camiñar solo pola mañan, para vir comer a casa a mediodía, e poder ir a praia pola tarde, sempre que o tempo o permita claro.??
Vámonos para o Viveiró (Concello de Muras) a facer "O Rego dos Coruxos".
Preciosa carballeira de montaña, o son do Rego dos Coruxos, en pleno Xistral. Este rego é o primeiro afluente do rio Landro, e o que lle aporta casi a totalidade da auga que trae nestes primeiros pasos dende o seu nacemento.

CARTEL EN FOTO

 

 

Estimados Camiñantes:

Unha nova  tempada de Sendeirismo da comezo, a cal esperamos con moita inquedanza, e gañas de poñernos a andar porque nos gusta camiñar xuntos, esforzarnos, disfrutar da natureza e das paisaxes, coñecer sitios novos, e ademais facer unha morea de fotos para recordar todo iso.

Como xa sabedes, a Sección de Sendeirismo da ACD.XOVE, nomeada como “SendeirismoXove” está rexistrada en Deportes de Xunta de Galicia, asi como dada de alta como Socia na Federación Galega de Montañismo e tamén na Federación Española. A nosa intención e ter o Grupo totalmente legalizado, e ademáis poder contar con un seguro deportivo que nos cubra posibles accidentes ou rescates.

Cada camiñante terá dúas opcións, unha Federarse todo o ano co noso Grupo, e outra pagar unha póliza de Seguro Deportivo por cada unha das rutas as que asista. A Licenza Federativa ten un coste anual de 58.-€  e ten unhas grandes coberturas, e o Seguro Deportivo (24 horas) ten un coste de 2.-€, con unhas coberturas menores, pero que nos cubre no fundamental dunha xornada de Sendeirismo, como pode ser un accidente ou un rescate.

pdfSolicitude 

 O grupo de traballo para a organización, planificación e guías das rutas, como xa sabedes, esta formado por Xuxo Dominguez “Fraga”, Benito Rodríguez, Tomas López e José M. Blanco. Cada ano, como sempre intentamos diversificar as Rutas, e para iso seguimos certos criterios : rutas de costa, de montaña, de río, as que son lonxe teñen que ser o mellor do mellor, adaptar a ruta que facemos, as datas mais idóneas para que así sexan o mais espectacular posible, ....etc.Con todo isto facemos unhas Rutas moi variadas, e adaptadas o Grupo o máximo posible. 

Despois de “filtrar” unha chea de rutas, esperamos conseguir sempre o mellor, pero ides a ser vosoutros os que xulguedes, pero seguro que outro ano mais, imos pásalo moi ben facendo sendeirismo, así que a disfrutalo.

Atentamente;

Xuxo, Tomás, Benito e Blanco

(Delegados da Sección de Sendeirismo da  ACD. XOVE)

 

 

NORMAS  PARA A PRACTICA DO SENDEIRISMO   
  • Procura non ir solo, e deixa dito sempre para onde vas.
  • Leva sempre un teléfono móbil, recorda o número de emerxencias 112.Si non vas en grupo organizado, planifica a ruta con un mapa, gps, fai cálculos con respecto a horarios, horas de luz, metereoloxía, etc.
  • Non intentes facer unha ruta que este por encima das túas propias forzas.
  • Mira o parte metereolóxico (televisión, prensa, internet, etc…).
  • Leva sempre un mínimo de equipación: En Verán: non olvides a gorra, gafas de sol, protección solar. En Inverno: leva roupa de abrigo, calzado adecuado. Sempre: leva algo contra a chuvia (chuvasqueiro).
  • Nunca esquezas levar auga, e algo de comida enerxética (barriñas, chocolate, froitos secos, etc.) aparte da comida que leves para o almorzo.
  • Si vas en grupo organizado, cumpre as normas de grupo, ten en conta que a túa irresponsabilidade vai a prexudicar a todos.
  • Deixa a natureza como estaba ou mellor, nunca tires nada, nin desperdicios orgánicos, leva o lixo contigo e deposítao nun contenedor o chegar.
  • A todos nos agrada ver sitios limpos sen “porcallada”.
  • Si as marcas ou sinais das rutas están deterioradas ou poden dar marxe o erro, ponas ben e sinala ben o camiño para que o que ven detrais non se equivoque. Non cruces por terras de labranza ou pastos, utiliza o sendeiro.
  • Si pasas por zoas de gandería,  ten cuidado cos animais,  e deixa todo como estaba, pechando cancelas e alambradas.
  • O verdadeiro “sendeirista”, combinan duas afeccións, a primeira é a afección pola actividade deportiva e a segunda é a afección polo medio natural.
  • Natureza e deporte, deporte e natureza, deben ir collidos da man, e así faremos que esta actividade que tanto nos gusta esteña sempre ben considerada

 

Presentación das Rutas-2014

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 FORMAS DE INSCRICIóN:

 

FORMAS DE PAGO:

  • En efectivo no momento da inscrición, con firma de  recibí.(Piscina Municipal). O pago inclue: transporte e seguro   deportivo, para aqueles que non teñan Licenza Federativa.  Os   que teñan Licenza só pagarán o transporte.
  • Ingreso en Conta de ABANCA (Xove) ou transferencia a   Conta, poñendo: Nome e Apelidos do Camiñante e Ruta que  vai a  facer.

    Nº Conta/IBAN: ES29 2080  0168  01 3000031059

    a nome de Asociación Cultural-Deportiva “Xove”

 

Os Socios menores de 18 anos teñen a inscrición gratuíta, solamente pagarán o Seguro Deportivo.

 

NOTA: O Camiñante que teña pagada a Ruta, e por calquera circunstancia non poida asistir, devolveráselle o importe pagado polo transporte. O importe do seguro non será devolto.

 

 

 

 

 

 

Hoxe: 136

Onte: 112

Esta semana: 248

Este mes: 2866

Total: 95219